Para ser lector/a non basta que o neno/a sepa ler,é necesario que experimente o goce de ler.
Nunha casa na que o neno/a crece rodeado de libros e vendo como os seus país e irmáns len
normalmente (xornais,libros...),visitan as librerías e bibliotecas mercando libros novos,hai moitas posibilidades de éxito na formación do hábito lector.
¿Que facer para despertar a afección lectora?
- Que os libros estén presentes na casa como un obxecto máis de uso común.
- Que desde pequeniños os nenos/as tomen contacto cos libros.
- Que exista na casa un lugar tranquilo,agradable e con boa iluminación.Un lugar que nos
invite a ler.
- Que falar de libros sexa un tema frecuente de conversación coa familia.Dialogar sobre o lido
para contaxiar entusiasmo,contrastar opinións,cambiar impresións,comentar....
Falar e escoitar.
- Ensinar os nenos/as a coidar os libros e animalos a crear a súa propia biblioteca.
- Que os libros sexan un regalo habitual.Regalar libros en datas sinaladas e sempre que
haxa que premiar algún acontecemento especial
No hay comentarios:
Publicar un comentario