domingo, 30 de diciembre de 2007

martes, 4 de diciembre de 2007

lunes, 3 de diciembre de 2007

domingo, 2 de diciembre de 2007

Galería de fotos

Traballo sobre os animais

Buscar na biblioteca libros que falen de animais.
Eleximos os animais que queremos traballar.
Facemos un índice e elaboramos o traballo entre todos.
Cada neno/a prepara todo o que sabe sobre un dos animais traballados e cóntallo os demáis.
Finalmente vemos unha galería de fotos no blog e os nenos/as teñen que contar o que ven.

Animais domésticos e salvaxes

lunes, 26 de noviembre de 2007

Conto en capítulos

Cantiga sobre o Magosto


Cantiga


Acabáronse as vendimas
e veñen as esfolladas
para comer coas mozas
catro castañas asadas.

Acabáronse as castañas
secaron os castiñeiros
acabáronse as rapazas
quedan os mozos solteiros.

domingo, 25 de noviembre de 2007

O Magosto

Poema Outono

Outono

Carballo vello no monte.
As polas espidas
como dedos
dunha man aberta
e soia,
espetada no chan,
que brada ó ceo
cecáis xustiza
cecáis espranza
cecáis o fin
da podremia que o estraga.

Ramón Caride Ogando

sábado, 24 de noviembre de 2007

O Outono

Poema

Espantallo desfeitiño
pola choiva
polo xeo
non espánte-los paxaros
que procuran
os teus beixos.

Espantallo envellecido
polo orballo
polo vento
dálles calor ós paxaros
que aterecen
nos invernos

Espantallo consumido
pola pedra
polo vento
dime que os vas abeirar
para que
non teñan medo.

Antonio García Teijeiro

viernes, 23 de noviembre de 2007

O inverno

Contos curtos

Inventamos poemas

Soportes lectores

Os libros silueta,dico,acordeón e fragmentados son uns traballos moi creativos para que os nenos/as empecen a facer as súas propias creacións.

lunes, 19 de noviembre de 2007

Viaxamos polo mundo

A princesa e o chícharo

Diversos contos

O mar

Poema sobre o mar

Poema

Están moi cansas as barcas
aló no medio do mar.
Semella que están durmindo
e non queren espertar.
O vento está a acariñalas
cos seus dedos pillabáns.
As barcas seguen durmidas
e parecen non notar
os aloumiños e beixos
que o vento lles quere dar.
Dormen as barcas cansadas
aló no medio do mar.

Antonio García Teijeiro

O curro

Comentario do curro

O curro,tamén chamado rapa das bestas,consiste en reunir os cabalos,as eguas e os seus poldros,que pacen libres polos montes.Estes animais métense nun recinto pechado para marcalos.
Nesta zona celébranse curros en Torroña,Mougás....

A ratiña presumida

O prestige

domingo, 18 de noviembre de 2007

Micifú

No encontro que tiveron os nenos de Belesar, co escritor Ramón Caride, decidiron ensinarlle o seu libro ilustrado por eles mesmos.

O bosque máxico